T1: Fundamentos

A Electrotecnia é a parte da Tecnoloxía que trata a aplicación práctica e técnica dos fenómenos eléctricos e magnéticos. Estudiamos aspectos relativos á producción, tratamento e transporte da electricidade. Tamén se estudia o deseño, construcción e aplicacións de aparatos e circuitos eléctricos. No estudio da Electrotecnia tratamos de maneira integrada a electricidade e o magnetismo, dado que están intrínsecamente relacionados. Nesta primeira unidade veremos unha introducción ós fundamentos da electricidade. Como guión podemos anotar os seguintes apartados:

  • Introducción á estructura atómica da materia.
  • Campo eléctrico, diferenza de potencial e forza electromotriz. Carga eléctrica e capacidade.
  • Intensidade e densidade de corrente. Resistencia eléctrica.
  • Traballo, enerxía e potencia. Efectos da corrente eléctrica: luz e calor.
  • Efectos da corrente eléctrica sobre o corpo humano. Seguridade e normas.
  • Magnitudes e unidades eléctricas.

Nos documentos adxuntos tes os apuntes necesarios.